A. Berrío (Valverde do Fresno, Cáceres)
" Non entendo a xente que se mutila. Eu falo dúas linguas como teño dúas pernas. Coas dúas corro e chego mellor a onde queira. Cunha soa estaría coxo, entenderíame con menos xente. A miña lingua natural é o valverdeiro, coa que me entendo de marabilla cos galegos porque é igual; a outra lingua que sei falar é o castelán. Quen me dera saber falar ben en catro ou oito linguas máis; sería como ter catro ou oito pernas, sería o primeiro en todas as carreiras. "
A. R. Castelao
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma."
J. W. Von Goethe
"Cantas máis linguas coñezo, máis persoa son."

