Un ano máis o CEIP Froébel participou no concurso de maios convocado polo Concello e que tivo lugar na Ferraría o pasado 1 de maio.
O noso colexio levou o terceiro premio na coroa. As noticias da TVG do mediodía e do serán botaron un anaco da actuación do Froébel.
Os nenos e nenas de infantil tamén fixeron un pequeno maio que estivo exposto no patio pequeno.
Podedes ver algunhas fotos aquí abaixo.



