Axudas á conciliación da vida familiar e laboral.
Domingo 13 de abril de 2008, por ANPA. Última actualización Domingo 13 de abril de 2008
Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se
convocan axudas á conciliación da vida
familiar e laboral como medida de fomento
da corresponsabilidade para os traballadores
que se acollan á redución da súa
xornada de traballo.
A incorporación da muller ao mundo laboral e académico
é un feito indubidable que supuxo unha
transformación social. A evolución que tivo lugar
durante o século XX e principios do XXI deixa
patente que cómpre un cambio no contexto social, xa
que os roles de xénero asignados se poñen en cuestión
posto que sufriron unha importante evolución
ata o momento actual. Polo tanto son necesarios
novos elementos que axuden nesta transformación,
proporcionando un desenvolvemento axeitado, coherente
e sustentable no tempo.
Nº 64 - Xoves, 3 de abril de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.707
Por este motivo, a Vicepresidencia da Igualdade e
do Benestar, consciente de que a responsabilidade é
un aspecto que, polo seu impacto social, require
abordarse a través de accións concretas a nivel particular
e coherentes no seu conxunto, promoveu a
elaboración dun plan de fomento da corresponsabilidade
coa vontade de proporcionar respostas ás
novas demandas, no ámbito da promoción da corresponsabilidade.
Sen dúbida, o plan trata de enfocar
os esforzos na dirección dunha política de igualdade
que incremente a corresponsabilidade das galegas e
os galegos e impulse a implantación de mecanismos
que a fomenten.
É ben sabido que existe, en xeral, unha percepción
de que resulta difícil compatibilizar a vida familiar
e laboral, sendo ademais concibidas as responsabilidades
familiares, na maior parte dos casos como
propias das mulleres, o cal actúa unha vez máis
como factor de desigualdade. Os poderes públicos
deben adoptar medidas que favorezan o desfrute de
permisos familiares sen que isto afecte negativamente
as posibilidades de acceso ao emprego e as
condicións de traballo das mulleres promovendo que
os homes asuman tamén estas responsabilidades.
Deste xeito, a Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar, como unha medida de fomentar a corresponsabilidade
e de impulsar así o cambio dos roles
diferenciados entre mulleres e homes, implicando
estes últimos na atención e coidado dos seus fillos e
fillas, establece unha axuda económica destinada a
aqueles traballadores que se acollan a unha redución
da súa xornada de traballo motivada pola atención
e coidado dos seus fillos e fillas menores de tres
anos, que comprenden tamén a situación das familias
monoparentais.
En consecuencia, a través desta orde establécense
as bases reguladoras do procedemento a través de
convocatoria pública para a concesión destas axudas,
a través da modalidade de pagamento único. As
axudas que se establecen no articulado desta orde
financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria
05.30.312G.480.0, recollida na Lei 16/2007, do 26
de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2008. O importe
destinado ás axudas ascenderá como máximo a
580.323 euros.
Esta orde adáptase ao disposto na Lei 9/2007, do
13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao disposto
no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo
que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións
públicas da Comunidade Autónoma de Galicia en
todo o que non se opón ao establecido na lei anterior
e, así mesmo, adáptase ao disposto na Lei 38/2003,
do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como
ao seu regulamento aprobado polo Real decreto
887/2006, do 21 de xullo, tendo en conta en todo
caso os principios de publicidade, transparencia,
obxectividade, igualdade, non-discriminación, eficacia
no cumprimento dos obxectivos fixados pola
Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na
asignación e na utilización dos recursos públicos,
agás o réxime xeral de concorrencia competitiva, e
os demais requisitos exixidos na Lei 16/2007, do 26
de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2008; existe crédito
axeitado e suficiente para o financiamento do gasto
que se proxecta.
Na súa virtude, en uso das facultades que teño
atribuídas,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
O obxecto desta orde é a regulación do réxime de
concesión de axudas económicas a aqueles traballadores
que se acollan á redución da súa xornada de traballo
así como a convocatoria destas para o ano 2008.
Artigo 2º.-Actuacións subvencionables.
As axudas, na modalidade de pagamento único,
seranlles concedidas aos traballadores que, a partir
do día 1 de novembro de 2007 e ata o 31 de agosto
de 2008, se acollan a unha redución da xornada de
traballo de ata un máximo da metade da duración
daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de
tres anos.
Artigo 3º.-Persoas beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas
nesta orde:
a) Homes traballadores por conta allea, tanto da
empresa privada como das administracións públicas,
organismos autónomos, entes públicos de dereito
privado e empresas públicas dependentes delas,
con independencia de que o seu vínculo sexa laboral,
funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades
cooperativas sempre que estes últimos pertenzan
ao réxime xeral da Seguridade Social, que se
acollan á redución de xornada a que se alude no artigo
2º desta orde.
b) Familias monoparentais en que a persoa solicitante,
home ou muller, sexa traballadora por conta
allea e se acolla á redución de xornada a que se alude
no artigo 2º desta orde.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores
privados da patria potestade dos seus
fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por
unha institución pública.
2. As persoas solicitantes deberán cumprir, en
todo caso, os requisitos para obteren a condición de
beneficiarias, exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 4º.-Requisitos.
Para poder acollerse ás axudas previstas nesta
orde deberanse cumprir os seguintes requisitos:
a) As persoas que desexen solicitar a axuda económica
regulada nesta orde deberán estar inscritas no
5.708 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 64 - Xoves, 3 de abril de 2008
padrón de calquera municipio dos integrados no
territorio da Comunidade Autónoma galega, polo
menos cun ano de antelación á presentación da solicitude
de subvención.
b) No caso das familias non monoparentais, o outro
membro da unidade familiar deberá ser traballador
por conta allea ou ben autónomo.
c) Que na data da solicitude o/a fillo/a conviva coa
persoa solicitante.
d) Que o período solicitado non coincida co permiso
por maternidade nin con calquera outro permiso,
licenza ou excedencia para a mesma finalidade.
Artigo 5º.-Contía das axudas.
1. A contía desta axuda concederase a través dun
pagamento único e estará en función da porcentaxe
de redución de xornada laboral que se solicite e da
duración desta, que será como máximo de oito
meses. Deste xeito, as contías son as seguintes:
a) Cando a redución de xornada sexa de ata o 33%
da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo
máximo de oito meses:
i) 2.400 euros se é a/o primeira/o filla/o.
ii) 2.700 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son
xemelgas/os.
iii) 3.000 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son
tres xemelgas/os.
b) Cando a redución de xornada sexa superior ao
33% e ata o 40% da xornada laboral e a súa duración
sexa polo tempo máximo de oito meses:
i) 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.
ii) 3.000 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son
xemelgas/os.
iii) 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son
tres xemelgas/os.
c) Cando a redución de xornada sexa superior ao
40% e ata o 50% da xornada laboral e a súa duración
sexa polo tempo máximo de oito meses:
i) 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.
ii) 3.300 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son
xemelgas/os.
iii) 3.600 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son
tres xemelgas/os.
2. As contías citadas nos puntos anteriores son as
máximas aplicables aos casos en que a redución de
xornada corresponda a unha persoa contratada a xornada
completa. Cando a persoa que solicita a redución
estivese contratada para unha xornada laboral
de duración inferior, as contías das axudas diminuiranse
proporcionalmente.
Do mesmo xeito, cando a redución de xornada non
se solicite polo período máximo de oito meses, as
contías antes citadas reduciranse proporcionalmente.
3. Para o cálculo da contía da axuda teranse en conta
unicamente as/os fillas/os menores de doce anos,
agás no caso da/do filla/o pola/o que se solicita a
redución de xornada, que terá que ser menor de tres
anos tal como se establece no artigo 2º desta orde.
Artigo 6º.-Duración das axudas.
O tempo máximo polo que se poderá conceder a
axuda á redución de xornada para fomento da
corresponsabilidade será de oito meses.
O tempo mínimo de duración da redución de xornada
deberá ser de 60 días naturais.
Artigo 7º.-Solicitudes: prazo de presentación, documentación
preceptiva e lugar de presentación.
1. As solicitudes de axuda á redución de xornada
poderanse presentar desde o día seguinte ao da
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
e ata o 31 de agosto de 2008.
2. As solicitudes de axuda debidamente cubertas
deberanse achegar xunto coa seguinte documentación:
a) Solicitude oficial segundo modelo anexo I.
b) Fotocopia compulsada do DNI ou NIE.
c) Fotocopia compulsada do libro de familia.
d) Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade,
separación ou divorcio e do convenio regulador, se é
o caso.
e) Nos supostos de adopción ou tutela, fotocopia
compulsada do auto xudicial de adopción ou da
resolución xudicial de constitución da tutela.
f) No caso de proxenitores solteiros con fillo/a
recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que
exista convivencia entre pai e nai, declaración xurada
que recolla este extremo (anexo II).
g) Certificación de empadroamento no cal se acredite
a data de empadroamento da persoa solicitante
dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega.
h) No caso de familias monoparentais, certificación
de convivencia no cal consten as persoas que
conviven no domicilio coa persoa solicitante.
i) Certificación bancaria orixinal da conta da que é
titular a persoa solicitante.
j) Declaración do conxunto de todas as axudas
solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto
por calquera Administración pública, ou calquera
dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades
(anexo III).
k) Declaración de que o período de redución solicitado
non coincide co permiso por maternidade, nin
con ningún outro permiso, licenza ou excedencia
para o mesmo fin do cónxuxe ou parella (anexo III).
Nº 64 - Xoves, 3 de abril de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.709
l) Certificación da empresa acreditativa da redución
de xornada ou, se é o caso, da Administración
pública correspondente (anexo IV).
m) Orixinal ou fotocopia compulsada do TA 2/R
(variación de datos na Seguridade Social), na cal se
reflicta a situación da garda legal.
n) No caso de familias non monoparentais, certificación
de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral
da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella.
No caso de pertencer a sistemas de previsión social
distintos ao da Seguridade Social (MUFACE, ISFAS,
MUXEXU etc.), certificación acreditativa da data
desde a cal presta os seus servizos, con indicación
de que na actualidade se atopa en servizo activo.
o) Anexo V relativo á recollida de datos para a
análise de resultados.
3. As solicitudes, xunto coa documentación requirida,
deberanlle presentar no rexistro da Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar, mediante instancia
normalizada debidamente cuberta, ben directamente
ou ben a través de calquera dos medios previstos
no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
4. Se as solicitudes non están debidamente cubertas
ou non se achega a documentación preceptiva
relacionada nos anexos, requirirase a persoa solicitante
para que, no prazo de dez (10) días, emende a
falta ou achegue os documentos preceptivos, con
indicación de que, se así non o fixese, se entenderá
que desiste da súa petición, logo da resolución que
deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Artigo 8º.-Xestión, resolución, recursos, prazo para
resolver e procedemento de publicidade.
1. O órgano competente para a xestión da axuda á
redución de xornada será a Secretaría Xeral da
Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar.
2. Correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade,
por delegación do vicepresidente da Igualdade e do
Benestar, a resolución destas axudas de conformidade
co establecido no artigo 7.3º da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia.
Este proceso efectuarase de forma continuada segundo
a orde de recepción de solicitudes das axudas.
3. A resolución a que se refire o punto anterior esgota
a vía administrativa e contra ela as persoas interesadas
poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo,
ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao
da notificación da resolución, de conformidade co disposto
na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da
xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición
do referido recurso contencioso-administrativo,
poderá interpoñerse recurso de reposición ante o
órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do
día seguinte ao da notificación da dita resolución.
Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-
administrativo ata que sexa resolto expresamente
ou por desestimación presunta o recurso de
reposición.
4. O prazo máximo para resolver e notificar as solicitudes
de axudas será de dous meses, transcorrido
o cal se entenderá desestimada a petición de subvención
se non recae resolución expresa.
5. Para lle dar cumprimento ao principio de publicidade,
e sen prexuízo da notificación expresa e
individualizada das resolucións de concesión,
mediante resolución da Vicepresidencia da Igualdade
e do Benestar publicarase no Diario Oficial de
Galicia a relación das persoas beneficiarias das axudas
concedidas ao abeiro desta orde, con expresión
das contías percibidas.
Artigo 9º.-Forma de pagamento e xustificación da
axuda.
1. A contía da axuda concedida será aboada nun
pagamento único polo importe que corresponda
segundo as contías determinadas no artigo 5º desta
orde, unha vez notificada a resolución de concesión.
O pagamento farase unicamente na conta que as persoas
solicitantes fagan constar no anexo I, e que
coincida coa da certificación bancaria requirida no
artigo 7º.2.i.
2. No prazo dun mes desde a data en que remate o
período acollido á subvención, deberase xustificar o
mantemento da situación subvencionada mediante
remisión á Secretaría Xeral da Igualdade dunha certificación
da empresa ou da Administración pública
correspondente, se é o caso, na cal se acredite que
se permaneceu coa redución de xornada que deu
dereito á axuda durante o período solicitado, debendo
ser expedida esa certificación con data igual ou
posterior á do período que se certifica, e unha certificación
de vida laboral emitida pola Tesouraría
Xeral da Seguridade Social ou, se é o caso, documento
equivalente segundo o artigo 7º.2.n, tanto da
persoa solicitante como da cónxuxe ou parella, se é
o caso.
3. Para aqueles períodos de redución de xornada
que xa tivesen rematado na data de publicación desta
orde, para proceder ao pagamento da axuda deberase
remitir a documentación a que se fai referencia
no punto anterior no prazo de dez (10) días desde a
notificación da resolución.
4. Así mesmo, poderase requirir calquera outro
documento que a Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar considere necesario.
5.710 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 64 - Xoves, 3 de abril de 2008
5. O incumprimento pola persoa beneficiaria do
establecido no artigo 9º.2 dará lugar ao reintegro da
axuda percibida.
Artigo 10º.-Modificación da axuda.
1. Se, unha vez concedida a axuda, a persoa solicitante
que exerce o dereito da redución de xornada
amplía o período polo que solicitou a subvención,
dentro do límite dos oito meses establecido no artigo
6, para que se poida acoller á axuda por un novo
período deberá presentar outra solicitude no prazo
dun mes desde a data en que se producise esta modificación,
sempre que estea dentro do prazo de presentación
de solicitudes establecido no artigo 7º.1.
2. Se, antes do remate do período subvencionado,
a persoa que está exercendo o dereito á redución de
xornada decide renunciar ao exercicio dese dereito,
deberá comunicalo á Secretaría Xeral da Igualdade
achegando unha certificación da empresa que acredite
os termos exactos nos cales se realizou a redución
da xornada, en relación coa súa duración e a
porcentaxe de redución. A Secretaría Xeral da
Igualdade, logo da comprobación da dita documentación,
procederá a iniciar o expediente de reintegro
regulado no artigo 15º no suposto de que derivase a
devolución de parte da subvención concedida.
3. No suposto de que, durante o período que fose
subvencionado, a persoa que se acollese a unha
redución de xornada diminúa ou amplíe a porcentaxe
da dita redución, dentro dos límites exixidos nesta
orde, entenderase que na data en que se produciu
o cambio finalizou a actuación subvencionada e
comeza un novo período subvencionable, debendo
comunicalo á Secretaría Xeral da Igualdade e achegando
unha certificación da empresa que acredite os
termos exactos en que se realizou a redución da xornada,
en relación coa súa duración e a porcentaxe de
redución. A Secretaría Xeral da Igualdade, revisada
a documentación, procederá a liquidar as axudas
anteriormente concedidas mediante unha nova resolución
ou a iniciar o correspondente expediente de
reintegro regulado no artigo 15º, no suposto de que
derivase a devolución de parte da subvención concedida.
Para poder acollerse á subvención polo período
correspondente á nova redución de xornada,
deberán presentar outra solicitude, no prazo dun
mes desde a data en que se producise esta modificación,
sempre que estea dentro do prazo de presentación
de solicitudes establecido no artigo 7º.1.
Artigo 11º.-Obrigas das persoas beneficiarias.
1. As persoas beneficiarias desta axuda quedan
obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación
que deba efectuar a entidade concedente e ás
de control financeiro que correspondan á Intervención
Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás
previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do
Consello de Contas no exercicio das súas funcións
de fiscalización e control do destino destas axudas.
2. Así mesmo, están obrigadas as persoas beneficiarias
desta axuda á comunicarlle ao órgano concedente
calquera eventualidade que altere substancialmente
o obxecto ou natureza da actividade subvencionable.
Artigo 12º.-Compatibilidades con outras subvencións
ou axudas.
A axuda por redución de xornada prevista nesta
orde será compatible con calquera outra que, coa
mesma finalidade, teñan establecidas ou puidesen
establecer calquera das administracións públicas,
dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades,
así como calquera entidade privada.
Artigo 13º.-Modificación da resolución de concesión.
Toda alteración das condicións tidas en conta para
a concesión da axuda, sempre que se entenda cumprido
o obxecto desta, dará lugar á modificación da
resolución e concesión da axuda, sempre que se
cumpran os requisitos mínimos establecidos nesta
orde para ser persoa beneficiaria. Para estes efectos,
a Secretaría Xeral da Igualdade ditará resolución de
liquidación, na cal se axustarán os importes das axudas
concedidas, aplicándose os criterios e límites
establecidos para a o seu outorgamento, quedando
obrigadas as persoas beneficiarias á devolución dos
importes percibidos en exceso. No suposto de que de
tal alteración das condicións puidese derivar a devolución
da totalidade ou parte da subvención concedida,
iniciarase o correspondente expediente de
reintegro regulado no artigo 15º.
Artigo 14º.-Recursos económicos.
1. A contía total das axudas que se van conceder
dentro deste exercicio orzamentario non superará o
importe de 580.323 euros, consignación orzamentaria
establecida para estes efectos nos orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, ou a
que se resulte da súa actualización, no caso de que
se aproben modificacións orzamentarias de conformidade
coa lexislación vixente.
2. No caso de que neste exercicio económico se
esgote o crédito orzamentario consignado para a concesión
da axuda por redución de xornada, e para os
efectos de lle dar publicidade a esta circunstancia, a
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ditará
resolución administrativa na cal se sinalará a data
en que se produciu o esgotamento do crédito, que se
publicará no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 15º.-Revogación da axuda e procedemento
do reintegro.
Procederá o reintegro, total ou parcial, da subvención
ou da axuda pública percibida e dos xuros de
demora xerados desde o momento do seu pagamento
ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro
nos seguintes casos:
Nº 64 - Xoves, 3 de abril de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.711
a) Incumprimento da obriga de xustificación ou
xustificación insuficiente, nos termos establecidos
no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia.
b) Obtención da subvención falseando as condicións
requiridas para iso ou ocultando aquelas que o
impedisen.
c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da
actividade ou do proxecto ou non-adopción do comportamento
que fundamentan a concesión da subvención.
d) Incumprimento das obrigas impostas pola
Administración ás entidades colaboradoras e aos/ás
beneficiarios/as, así como dos compromisos por
estes/as asumidos, con motivo da concesión da subvención,
distintos dos anteriores, cando diso derive
a imposibilidade de verificar o emprego dado aos
fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a
realidade e regularidade das actividades subvencionadas,
ou a concorrencia de subvencións, axudas,
ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes
de calquera Administración ou entes
públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou
de organismos internacionais.
e) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión
contidas no punto 3º do artigo 15 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño.
f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás
actuacións de comprobación e control financeiro
previstas nos artigos 11 e 12 de Lei 9/2007, do 13 de
xuño, así como o incumprimento das obrigas contables,
rexistrais ou de conservación de documentos
cando diso derive a imposibilidade de verificar o
emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento
do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades
subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións,
axudas, ingresos ou recursos para a mesma
finalidade, procedentes de calquera Administración
ou entes públicos ou privados, estatais, da
Unión Europea ou de organismos internacionais.
g) Adopción, en virtude do establecido nos artigos
87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión
da cal derive unha necesidade de reintegro.
h) Nos demais supostos previstos na normativa
reguladora da subvención.
Disposicións adicionais
Primeira.-A concesión destas axudas terá como
límite global o crédito consignado no orzamento da
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para
este fin, que é de 580.323 euros.
Segunda.-Apróbase a delegación de competencias
na secretaria xeral da Igualdade ao abeiro do disposto
no artigo 7.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, para resolver a concesión,
denegación, modificación ou outras incidencias das
subvencións convocadas nesta orde, autorizar e dispoñer
os gastos así como o recoñecemento das obrigas
e a proposta de pagamentos con relación ao disposto
no artigo 73 a) do Decreto lexislativo 1/1999,
do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia.
Terceira.-As persoas beneficiarias atópanse suxeitas
ao réxime de infraccións e sancións que en materia de
subvencións establece o título IV da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarta.-De conformidade co artigo 13.4º da
Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de
boas prácticas na Administración pública galega, a
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar publicará
na súa páxina web oficial a relación das persoas
beneficiarias e os importes das axudas concedidas,
polo que a presentación da solicitude comporta de
forma expresa a autorización para o tratamento necesario
dos datos das entidades beneficiarias e da súa
publicación na citada páxina web.
Quinta.-De acordo co establecido no Decreto
132/2006, de 27 de xullo, polo que se regulan os
rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da
Lei 7/2005, de 29 de decembro, de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2006, a persoa beneficiaria autoriza a Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar para incluír e
facer públicos, nos rexistros regulados neste decreto,
os datos referidos ás axudas e subvencións recibidas
así como ás sancións impostas.
Disposicións derradeiras
Primeira.-En todo o non recollido nesta orde aplicarase
o disposto para esta materia na Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se
desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia, en todo o
que non se opón á dita lei, e demais normativa de
aplicación.
Segunda.-Autorízase a secretaria xeral da Igualdade
para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento
desta orde.
Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte
ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.