ANPA "Pardo Bazán" CEIP Froebel


  • fontsizeup
  • fontsizedown

Portada del sitio > 1. Asociación

Dez razóns para pertencer e traballar nunha ANPA

Martes 1ro de abril de 2008, por ANPA. Última actualización Martes 1ro de abril de 2008



1.- Porque é a nosa responsabilidade educar os nosos fillos e fillas.

2.- Pola necesidade de estar unidos á hora de reinvindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.

3.- Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto, polas administracións, polo profesorado, pola sociedade etc.

4.- Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.

5.-Pola importancia da presenza nos consellos escolares dos pais e nais, organizados nas ANPA para defender os intereses de todos e todas, non os individuais.

6.- Porque se non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… Por quen o faremos?

7.- Porque se non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?

8.- Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.

9.- Porque as ANPA deben traballar pola integración na súa contorna, facendo uso das instalacións do centro educativo.

10.- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereto pero tamén é un deber social.


3 Mensajes del foro



Seguir la vida del sitio RSS 2.0 | Mapa del sitio | Espacio privado | SPIP | esqueleto