A inicio desde << As ANPA de Pontevedra           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Finca Mouriscade, como chegar desde Pontevedra e Lalín

2
xul
Federación | As ANPA de Pontevedra Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

Hai varias rutas para chegar. Cada unha ten as súas vantaxes

Coordenadas GPS

(decimal) 42.614°N 8.1377°W

(sexaxesimal) 42° 36' 50" N 8° 8' 16" W

 

1. A ruta máis cómoda (e máis cara) 1h

Pontevedra-Santiago-Lalín por autoestradas de peaxe

2. A máis cómoda sen peaxe (pero máis longa) 1h40min

Pontevedra-Cuntis-Silleda-Lalín por estrada

3. A máis curta e sen sen peaxe (pero con moitas curvas) 55 min

Esta ruta ten ademais a vantaxe de que se chega á Finca Mouriscade sen ter que chegar a Lalín. Xusto antes, na Estación de Tren de Botos apártase xa para Mouriscade seguindo os indicadores. Sen perda.

Pontevedra-Forcarei-Vilatuxe-Botos(Lalín)

 

Se chegamos a Lalín. Orientámonos desde o centro da vila (onde está a igrexa) e buscamos saír en dirección a Botos (na dirección da Estación do Tren). Podemos saír pola Estación de Autobuses, cruzar a estrada Santiago-Ourense e meternos ata o campo de futbol de Botos. Seguimos con dirección a Vilatuxe (a de Pontevedra) e pasamos por riba da autoestrada a Ourense e uns metros despois chegamos ao cruce da Estación de Tren.

Unha vez no cruce da Estación de Ferrocarril collemos a saída para Vilanova (xa hai carteis indicando a Finca Mouriscade) e xa non ter perda. A uns quilómetros por una vía estreita chegamos.

A entrada na residencia pode ser un pouco confusa (hai dúas) pero é cuestión de metros.


Visualizar o mapa ampliado

PNG - 485.4 KB
En detalle a zona de chegada. Aprécianse as instalación da Finca Mouriscade e o edificio residencial.
Xusto ao lado, a vía do tren



moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0