A inicio desde << Federación           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Noraboa a ANPA VAGALUME da EEI Vagalume de Vilagarcía

15
xul
Federación Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

Estamos contentísimos de que unha das nosas ANPA resultase con unha mención especial no fallo do xurado no "X concurso de actividades educativas realizadas polas ANPA" organizado por CEAPA.

Este ano é Vagalume, ben o merecen, porque fixeron un programa de educación vial estupendo, pero pensade que para o ano podedes ser vos.


Este concurso convócase todos os anos, e todas as nosas ANPA poden participar , por suposto, felicitar a todas as que participastes, que de seguro tiñades moi bos proxectos, pero como só poden gañar uns poucos, xa tocará para o ano.

Dende a FANPA queremos felicitar a todas as ANPA polo seu traballo ao longo deste curso e desexarvos un bo verán.

PDF - 559.9 KB
Fallo xurado

 

 



2 Mensaxes do foro

  • Noraboa a ANPA VAGALUME da EEI Vagalume de Vilagarcía 20 de xullo do 2010 23:18, por cristina

    Boa noite, como presidenta da Anpa Alecrín e presidenta de Fesanpas (A Estrada) quero darlle a miña naraboa a Anpa Vagalume polo seu traballo. O resultado salta a vista. Cando se traballa sae unha recompensa, estas cousas son moi gratificantes e dan máis motivación para os que estamos. Felicidades!! Criss.

  • Noraboa a ANPA VAGALUME da EEI Vagalume de Vilagarcía 22 de xullo do 2010 01:50, por natalia gago

    Noraboa a boa xente que traballa na anpa do vagalume, por iste e outos moitos proxectos que fan que levemos ós nosos nenos-as con ilusión e confianza plena en todo o que propoñen. Gracias ós membros que nos deixan iste ano, sempre estaredes connosco e vos lembraremos sempre polo voso ben facer. Unha aperta


moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0