A inicio desde << Federación           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


FANPA COUNTRYSIDE CAMP

11
xuñ
Federación Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

O programa educativo Campamentos de Inmersión Lingüística para o alumnado da ESO e de bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra, enmárcase na liña de interese da FANPA de dotar á poboación estudantil galega de competencias plurilingües e pluriculturais, potenciando a aprendizaxe de idiomas.

Ofertamos a posibidade de vivir 24 horas en inglés dentro da nosa fermosa terra, unha oportunidade única e asequible para todas as familias. O concello de Lalín será o elexido para levar a cabo esta actividade, semanas inesquecibles en “Mouriscade”.

 O campamento será coordinado por unha filóloga con nivel nativo e o profesorado será todo nativo.

 Pensamos que  a través dos Campamentos de Inmersión Lingüística, as competencias lingüísticas que o alumnado adquiriu ao longo do curso poden ser postas en práctica mediante a contextualización dos contidos lingüísticos e non lingüísticos, proporcionando ao alumnado participante unha situación de inmersión na lingua inglesa.


Os Campamentos de Inmersión Lingüística teñen como obxectivo:

-Consolidar a aprendizaxe na lingua inglesa, desenvolvendo aspectos prácticos desta lingua.
-Adquirir hábitos e actitudes positivas na aprendizaxe dos idiomas.
-Suscitar no alumnado unha actitude de aprendizaxe permanente, tanto dentro como fóra da aula.
-Desenvolver actitudes positivas de convivencia e cooperación.

Información básica inscrición:

- Data de inscrición:do 16/06 ata o 22/06/2010, en horario de 8:30 a 14:30 hrs nos teléfonos: 986 843 412 e 675 035 693 e no 675 810 604 (de 10:00 a 14:00 hrs), en horario de tarde 16.30 a 20.30h 696 954 210.

-O 23 de xuño informaremos dos admitidos e da documentación precisa para formalizar a matrícula.

 -Tentaremos facer varias quendas de 48 alumnos/as en cada unha delas.

-A primeira semana será do  luns 12 ao  domingo 18 de xullo.

-A inscrición será por riguroso orde de chegada, cando quede cuberta a primeira semana, os que estean en lista de espera, pasarán automáticamente e tamèn por orde a seguinte semana.

-Cabe destacar que se houbese demanda estamos dispostos á alongar os campamentos durante todo o verán.

-Importante: terán prioridade á hora de inscribirse os nenos/as dos centros públicos federados e asociados a ANPA, despois os alumnos/as de centros federados non asociados/as a súa ANPA, centros públicos non federados e por último os centros concertados. Tamén haberá unha distinción económica en cada un destes centros.

Sería bo que preguntasen a Xunta Directiva da súa ANPA se están federados, para saber si ten prioridade na inscrición.Se son socios/as da ANPA do seu centro e teñen interese en participar nesta actividade poden pedir un certificado a ANPA ou presentar o recibo de pago da cota referida ao curso 2009/10.

Lembren que de pedir algún certificado deben facelo xa, porque nos vindeiros días as ANPA acabarán as súas actividades deste curso e, teñen gañado un merecido descanso.

-Os pais/nais terán que levar aos mozos/as o primeiro día de campamento, probablemente a presentación sexa ás 11:30 hrs e recollelos o último día, aproximadamente ás 12:00 hrs.

  
Dentro da programación contemplamos :

Cabe destacar que o primeiro día van establecerse grupos por nivel e curso, despois da reunión cos "teachers".

PDF - 59.2 KB
Programación campamento

Obradoiros con diferentes actividades onde os alumnos/as deben utilizar todas as ferramentas lingüísticas ao seu alcance para conseguir os obxectivos finais, divídese en dúas partes ; na primeira o profesor/a investigará cales son as dificultades lingüísticas máis comúns entre o alumnado para corrixir os malos hábitos, reforzar a base gramatical e ampliar vocabulario, a segunda parte, tras o descanso da mañá, participarán nun proxecto que conseguirá que se involucren todos con entusiasmo “ a creación dunha ONG”, que competirá coa proposta dos outros grupos na elección do mellor proxecto.

Cada mozo/a recibirá de agasallo un libro de lectura en inglés.

Teremos como non, un clube do libro, para relaxarnos despois do xantar.

Pola tarde haberá actividades variadas.

-Debates

-Deportes

-Veladas nocturnas

-Cine en inglés

Tamén teremos días especiais:

-Rutas de sendeirismo

-Visitas museo etnográfico

-Aprenderemos a facer a pan

-Equitación no Centro hípico de Mouriscade

-Saída a praia fluvial de Vilatuxe e picnic…

Prezos:

169€ /neno/a socio/a ANPA federada

180€/neno/a non socio/a da súa ANPA

200€/neno/a ANPA non federadas

250€/neno/a coles concertados

PDF - 49 KB
Recomendacións
Word - 44 KB
Ficha inscrición word
PDF - 158.4 KB
Ficha inscrición pdf
PDF - 116.7 KB
Documentacion inscrición

 

 

 

Ver en liña : Como chegar


3 Mensaxes do foro

  • Campamentos de inmersión lingüística en inglés no verán 2010. 12 de xuño do 2010 10:11, por benito ies chan do monte

    prioridad para alumnos socios de apas federadas, no centros con apas federadas. si quieren ventajas que paguen.

  • Campamentos de inmersión lingüística en inglés no verán 2010. 15 de xuño do 2010 10:50, por Miguel,Anpa Manuel Rivero.Lalín

    Poderíase facer algo para os últimos cursos de primaria?. Os campamentos da Xunta so se dan para 6º de primsria(inmersión lingüistica).

    Por otra parte no concello de Lalín este ano suprimiouse o campamento urban, que se enchia en dous días. Habera que valorar como dirixirnos aos concellos que abandonan aos nenos.

  • Campamentos de inmersión lingüística en inglés no verán 2010. 16 de xuño do 2010 14:03, por Nontedurmas

    Ola Miguel

    Sería unha opción a valorar, o que pasa que en moitos concellos para primaria xa o están ofertando, non así para secundaria, por iso nos pareceu unha actividade moi interesante para os mozos/as.

    De todos xeitos é unha opinión a ter en conta, espero que haxa máis xente que se anime a participar no noso foro e, nos faga chegar as súas demandas.

    En canto o que comentas do voso concello, o ideal sería que fixerades un escrito todas as ANPA, pedindo que continuen con ese servizo, que realmente tiña moita demanda e o precisades para a conciliación da vida familiar e laboral. Descoñezo parte da información, entendo que algo haberá para que neste verán non o xestionen, parte supoño que a crise, pero sería cuestión de falalo e ao mellor que os pais/nais aportaron algo máis.

    Outra opción é que o organizedes vos como ANPA, ou incluso entre varias, sería máis lioso pero aí podemos botarvos unha man en todo o que precisedes.

    Ánimo e contade coa FANPA para todas as vosas iniciativas.

    Saúdos


moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0