A inicio desde << Federación           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Enquisa ludoteca FANPA VERÁN

23
abr
Federación Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

 

Desde a FANPA continuamos no labor de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, coñecendo as diversas dificultades que cada verán se atopan as familias ao remate do curso escolar, traballamos nun ambicioso proxecto que queremos proporvos, un “campamento urbano” para os meses de xullo e agosto, dirixidos os/as nenos/as dos colexios públicos do Concello Pontevedra entre 3 e 12 anos.

 

O campamento permanecerá aberto de 7:30h ata as 21:00h coa posibilidade de almorzar e comer, sempre tendo en conta que os/as rapaces/zas poden estar un máximo de oito horas e que haberá diferentes prezos segundo o horario de asistencia do/a neno/a.

 

Desexamos que este proxecto se convirta nunha realidade, para iso precisamos da vosa colaboración, pregamos cubrades esta enquisa coa maior sinceridade posible, é preciso comprobar a necesidade real que tedes, os horarios máis demandados, número total de prazas, distribución de grupos, espazos e servizos necesarios, etc…

 

O falar dun posible proxecto non podemos facilitar tódolos custos, dependerá da demanda ou solicitudes. Con datos nas mans diseñaremos o proxecto máis conveniente para todos/as, distintos prezos segundo os horarios, diminución do horario, prezos de madruga/comedor, anulación dos citados servizos se non houbera demanda, todo o conxunto de actividades a desenvolver, etc..,.

 

Estaredes informados/as en todo o momento das novas relacionadas co citado proxecto. 

 

Aquí podes ver o tríptico da enquisa que xa recibistes no voso colexio e que podedes entregar as vosas ANPA ata o 30 de abril (aínda que no propio tríptico pon 23/04/2010).

PDF - 164.9 KB
Tríptico enquisa

 

Os colexios concertados poderán acceder aos servizos da FANPA, pero non poderán beneficiarse da subvención, co cal abaixo indicamos o custo real do servizo para información das familias:

 

PREZOS POR QUINCENA:

 

  Madruga (7:30h a 9:30h):

Con almorzo: 70 €

Sen almorzo: 50 €

 

Madruga(7:30 a 9:00 h):

Con almorzo: 60 €

 Sen almorzo: 45 €

Comedor: 100 € quincena

Ludoteca FANPA (15:30 a 21:00h): 150€ (independentemente do tempo que vaia o neno/a).



moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0