Xornada debate lei Wert o vindeiro sábado 27/10

 

Volantina_Pontevedra-2.pdf

Prezados compañeiros/as

O 20 de xuño, o ministro de educación, José Ignacio Wert, anunciou a próxima presentación do que chamou “lei de mellora da calidade da educación” (LOMCE). Poucas semanas despóis faría público un documento de propostas para a elaboración desta lei educativa, que supostamente discutiría coa comunidade educativa.

 

O anuncio da redacción desa lei contradí o que manifestaron tanto o presidente do Goberno no seu discurso de investidura, como o ministro de Educación na súa primeira comparecencia parlamentar: reformas educativas, pero sen modificaren a vixente Lei Orgánica de Educación (LOE), aprobada en 2006. Porén, isto foi incumplido.

 

O propio Rajoy, no seu discurso de investidura, afirmou que “no podemos permitirnos el lujo de replantear el modelo de nuestra educación al compás de cada cambio de gobierno”. Este cambio de postura reside en que o PP quere aproveitar a maioría absoluta da que dispón o Goberno no Parlamento para impor o seu modelo educativo, un modelo baseado na LOCE, a lei educativa do goberno de Aznar que contou coa oposición de todos os grupos parlamentarios (agás o PP que apoiouna e Coalición Canaria que abstívose), e das organizacións da comunidade educativa máis representativas.

 

As nais e pais da Escola Pública acollemos moi negativamente a intención de derogar a LOE e aprobar unha nova lei. Cremos que hai que dotar de estabilidade normativa ao sistema educativo, porque os centros educativos non poden perder tempo nin enerxía na substitución e aplicación de novas normas e regulamentos, xa que hai asuntos moito máis urxentes.

 

Cremos, ademáis, que o Goberno debería traballar nun pacto social da comunidade educativa, ao que posteriormente se incorporaran a inmensa maioría de forzas políticas, desde o absoluto respecto a dito pacto social.

 

A pesares de que a LOE xa deixa moita marxe ás administracións educativas para desenvolver políticas educativas conservadoras, este Goberno quere dar un “xiro de 45º” co obxectivo de recortar o dereito á educación; que os cidadáns non poidan esgrimir o dereito á educación pública de calidade xa que presentan a LOMCE como un drástico recorte máis.

 

Así, a nova lei poderá suprimir toda referencia ou quitar importancia a programas e medidas de apoio para atender á diversidade de alumnos, a actual ratio de alumnos por profesor, a cobertura das baixas docentes, o dereito a unha educación común ate os 16 anos, o dereito a unha educación infantil 0-6 con carácter plenamente educativo, o obxectivo dunha escolarización máis universal e gratuíta en Bacharelato e Ciclos Formativos, e un longo etcétera. A nova lei vai supoñer un adelgazamento do dereito á educación, a marxinación dos pais e nais á hora de intervir, con carácter executivo, nos órganos de representación e xestióndos centros,un punto e final na concepción pública como instrumento de ascenso social do que se benefician sobre todo as clases medias e baixas, unha regresión sen precedentes que podería ter efectos devastadores nas xeracións que agora mesmo están escolarizadas ou comezarán en breve a súa andaina no ensino público.

 

Para profundizar un pouco neste anteproxecto de lei, CONFAPA-GALICIA quere convidarvos a unha XORNADA que terá lugar na Coruña o día 27 de outubro en horario de 10:30h a 13:30 no Forum Metropolitano (Río Monelos Nº 1. Parque Europa) da Coruña.

 

O formato que pretendemos é o de charla-coloquio, fomentando a vosa participación como nais e pais preocupados polo futuro do ensino público. Contaremos cos seguintes relatores:

 

Representante da Administración

Decana da Universidade de Ciencias da Educación da Coruña

Mestre de Primaria

Presidente de CEAPA

Presidenta de CONFAPA-GALICIA

Xuntamos folla de inscripción que rogamos devolvades cuberta a vosa Federación Provincial.

 

Haberá  autobús desde Pontevedra para o traslado a Coruña, e segundo as inscricións que nos cheguen valoraremos distintas paradas.

 

Co desexo da vosa asistencia, recibide un saúdo cordial

 

Helena Gómez Vecino

Presidenta de CONFAPA-GALICIA

 

Nota: O lugar de celebración da xornada-debate pode ser modificado por razóns organizativas, polo que vos pedimos consultedes as páxinas web das vosas Federacións ou o concretedes por teléfono uns días antes da data establecida. Moitas grazas.