Xornada de información sobre lei de protección de datos

Estimadas ANPAS     

Dende a FANPA queremos informarlle a través deste escrito da obrigación que teñen todas as ANPAS de cumprir coa normativa en materia de Protección de Datos Persoais. A finalidade é a protección dos datos de asociados, persoas de contacto, etc os cales se manexan diariamente nas ANPAS.

 Así cada ANPA está obrigada a levar unha serie de medidas, como a elaboración dun Documento de Seguridade, inscripción dos ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos  e implantar todalas medidas de seguridade que a Lei prevé, entre outras.

 O organismo público encargado de velar polo cumprimento de dita normativa, é a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) con sede en Madrid, a cal pode inspeccionar calquera empresa / entidade co fin de garantir que estas se adapten á Lei. No caso de que non fóra así, está facultada para interpor sancións cuxas cifras oscilan, segundo a gravidade do incumprimento. entre 900,00€ e 600.000,00 €.

Galicia pode contar proximamente coa súa propia Axencia de Protección de Datos, igual que a teñen outras comunidades como o País Vasco e Cataluña.

 Co fin de cumprir o determinado nesta materia, recomendamos que se comece o proceso de adecuación á Lei.

Para obter máis información e aclarar dúbidas o vindeiro día 21 de abril organizamos unha Xornada  de Información sobre  a Lei de Protección de Datos no Salón da actos do Pazo de Cultura de Pontevedra de 10:00h a 13:00h. Teremos servizo de ludoteca para os máis cativos.

Están convidadas dúas persoas por ANPA, o prazo de inscrición é do 1 ó 18 de abril,  só teñen que mandar un e-mail ó correo actividades@nontedurmas.org ou chamando ó teléfono 986 84 34 12 de 9:30h a 13:30h. indicando:

  • nome, apelidos dos participantes
  • nome da ANPA.
  • No caso de necesitar o servizo de ludoteca deberán solicitalo,  dicíndonos  nome, apelidos e idade dos nenos/as.

 Para calesqueira consulta ou información, non dúbide en poñerse en contacto con nós.