VII Certame de Relato Curto

Unha nova edición, a sétima, do certame literario de relato curto da FANPA, está en marcha a coa presentación das bases e o cartel.

A madriña desta edición é a escritora de Lires Concha Blanco quen dedicou a súa vida profesional á docencia, divulgación, creación literaria e ao activismo promoción da literatura especialmente infantil e xuvenil.

As bases do certame e o seguimento do calendario de entrega así como os relatos premiados e o libro publicado de cada edición están dispoñibles no web específico do VII Certame:

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

Como ilustrador desta edición temos unha fermosa composición do artista plástico Ramón Trigo no cartel que servirá para promocionar a participación nesta VII Edición.