VI Certame de Relato Curto

Unha nova edición, a sexta, do certame literario de relato curto da FANPA, está en marcha a partir de hoxe coa presentación das bases e o cartel.

O padriño desta edición é García Teijeiro, premio nacional de literatura.Antonio García Teijeiro (AELG)-1.jpg

As bases do certame e o seguimento do calendario de entrega así como os relatos premiados e o libro publicado de cada edición están dispoñibles no web específico do VI Certame:

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

 

 

Imaxe relacionadaNon podemos deixar de nomear tamén a excelente obra do ilustrador Óscar Villán no cartel que servirá para promocionar a participación nesta VI Edición.

 

cartel

Na presentación ante os medios desta nova edición na Deputación de Pontevedra estiveron Paz Castro responsable de comunicación da editorial Kalandraka, Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, Xosé Leal, deputado de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación e Rogelio Carballo, presidente da FANPA .

 

Comments:1

Comments are closed. You can not add new comments.

  1. Ao meu parecer, estaría ben que tamén se incluíran na categoría adulta aos ex-estudantes das universidades dos Campus de Pontevedra e Vigo. Deberíase considerar para a vindeira ocasión. Saúdos.