Subvención das Escolas Deportivas Municipais 2010-2011

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE INICIACIÓN DEPORTIVA DURANTE A TEMPADA 2010-2011 (ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2010-2011).

Obxecto: Organización de Escola Deportiva Municipal da tempada 2010/11

Data límite presentación: 7 de xuño de 2010.

Documentación a achegar: Artigo 6 das bases de subvención.

 

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES PUNTUAIS DE PROMOCIÓN DEPORTIVA NO ANO 2010.

Obxecto: Fomentar o desenvolvemento de actividades puntuais de promoción deportiva que persigan a consecución de obxectivos educativos, lúdicos, funcionais e sociais sobre os estritamente deportivos da poboación do Concello.

Data límite presentación: 7 de xuño de 2010.

Documentación a achegar: Artigo 5 das bases de subvención.

 

SUBVENCIÓN PARA O DESENVOLMENTO DE EVENTOS DEPORTIVOS PUNTUAIS E/OU EXTRAORDINARIOS NO ANO 2010.

Obxecto: Desenvolvemento de eventos deportivos puntuais e/ou extraordinarios no Concello de Pontevedra que poidan ser considerados de interese social e que contribúan ao fomento da práctica de actividade físico-deportiva entre a poboación do concello.

Enténdese por evento deportivo calquera actividade deportiva que teña carácter de espectáculo,competición, torneo ou campionato. Son un evento deportivo puntual e/ ou extraordinario: “as competicións desenvolvidas de forma puntual pola entidade non integradas no calendario ordinario oficial ou, se é o caso, que para a súas organización teñan que ser solicitadas á federación correspondente (exemplo: fases de sector e/ou campionatos rexionais, autonómicos ou nacionais, entre outras

Data límite presentación: 7 de xuño de 2010.

Documentación a achegar: Artigo 5 das bases de subvención.

 

SUBVENCIÓNS POR PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO NO ANO 2010.

Obxecto: Convocatoria para sufragar os gastos de desprazamentos xerados pola participación en competicións de carácter extraordinario e integradas no calendario oficial (fases de sector e/ou campionatos nacionais), sempre que para participar na respectiva competición se tivera que superar unha fase, campionato e/ou liga previa e se desenvolvan fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Data límite presentación: 30 de setembro de 2010.

Documentación a achegar: Artigo 5 das bases de subvención

Xúntanse as bases reguladoras das catro liñas de subvencións e os formularios para a solicitude de cada unha das subvencións.


Bases da convocatoria Solicitude promoción Solicitude emd Solcitude competicións extrord. Solicitude eventos