Solicitude de praza no Comedor Escolar e Servizo Madruga Curso 2018-2019

Publicamos información sobre o servizo de comedor e madruga para o curso académico 2018-2019 co fin de que poidades xa reservar a vosa praza. O prazo de recepción de solicitudes remata o 31 de agosto.

Os comedores da FANPA non só son un servizo alimentario ou de conciliación senón que constitúen un proxecto educativo en si mesmos en conexión coa dinámica académica dos centros para un desenvolvemento integral da educación das nosas fillas e fillos.

Nota

Para o curso académico 2018-2019 comeza o comedor no CPI San Benito de Lérez.

A solicitude deberá remitirse directamente á empresa adxudicataria, Arume (info@arumeservicios.gal)

Información

Solicitude

Descargar a Ficha de inscrición en PDF para imprimir e cubrir

Ficha FANPA genérica curso 2018 2019