Servizos mínimos na folga do 29M

Con carácter xeral, o artigo 39 da Constitución depara unha protección especial aosmenores; dun xeito máis específico, a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG do 15 de xullo), dispón no seu artigo 7 que o alumnado ten dereito a que se respecte a súa identidade, integridade e dignidade persoal,e á protección integral contra toda agresión física e moral. Polo tanto, a custodia e a seguridade dos menores de idade que accedan a un centro docente público, o cumprimento dos principios constitucionais mencionados e dos dereitos citados, é responsabilidade ineludible desta Administración educativa e parte indivisible do dereito esencial á educación. O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza
nos ditos centros do/a director/a ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneasa) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (publicada no
BOE do 4 de maio), e polo tanto están capacitados e facultados para resolver calquera incidenciarespecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.
A presenza dun subalterno ou subalterna deriva das funcións que a este tipo de persoal lle compete respecto do coidado e vixilancia das instalacións e do control de entrada e saída do centro educativo, tanto para evitar a entrada de persoas alleas ao centro como para evitar a saída dos menores de idade cando non corresponda.
Un deber correlativo á protección básica do menor de idade inclúe a súa alimentación.
Así, cando un servizo público asume esta responsabilidade non pode desatendela, o que motiva que unha persoa con funcións de cociña deba permanecer nos centros educativos ordinarios con servizo de comedor.
O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores que, como se dixo, non pode ser paralizado, inclúe a actividade básica de coidar pola integridade física e hixiene daqueles que, por teren diminuídas as súas capacidades, necesitan unha constante vixilancia e atención (artigo 49 da Constitución) por parte de coidadores do alumnado

DOG Nº59