Informe sobre os deberes escolares

Fronte a interpretacións simplistas, un estudo en profundidade sobre un tema notablemente complexo:
“A clave non parece estar tanto na cantidade de deberes asignados, ou no tempo investido en realizalos, como na calidade dos deberes e a súa pertinencia; é dicir, os deberes non deberían ser feitos ou asignados simplemente por norma, como rutina, ou porque asumimos, sen máis, que son prácticas intrinsecamente boas”
“cantos máis deberes fai o alumnado (até un nivel aceptable), dos que lle prescribe o profesorado, mellor é o seu rendemento académico.”
“…asignar deberes da mesma modalidade e o mesmo nivel de dificultade para todos os estudantes é unha medida que prexudica especialmente aqueles que teñen maiores dificultades, que contan con peores niveis de rendemento e menos coñecementos e/ou que están menos motivados.”
En relación co “tempo dedicado aos deberes presentou unha relación diferente co rendemento académico segundo a idade dos alumnos: negativa na mostra de primaria, nula na mostra  de primeiro ciclo da ESO e positiva no segundo ciclo da ESO (no caso dos alumnos maiores). Por tanto, non sempre dedicar máis tempo a facer os deberes se atopa asociado cun maior rendemento académico”.

O informe completo:

informe_sobre_os_deberes_escolares_galego