Reunión na Estrada coas ANPA da comarca

Seguindo as reunións que temos en todas as comarcas o vindeiro sábado día 9 estaremos coas ANPA de Tabeirós-Terra de Montes e concellos próximos. A cita será no Museo da Madeira e o Moble (MOME) da Estrada.

Comezamos a contactar con cada unha das ANPA para convidalas a citada reunión, na que esperamos contar coa presenza de moitas delas.

É a terceira reunión nesta rolda de visitas que comezamos no mes de marzo e, que consideramos está a ser moi productiva.

Convocatoria reunión A Estrada