Reunión de CONFAPA-GALICIA en Pontevedra

Mañá 26 de febreiro ás 11:00 horas na sede da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra ,terá lugar unha reunión de Xunta Directiva de CONFAPA-GALICIA, a que asistirán representantes das catro Federacións Galegas.
 
Será unha boa ocasión para buscar solucións entre todos/as ante moitos problemas comúns que veñen sucedendo en diversos colexios públicos de Galicia .Outro  dos puntos do día a tratar será o Anteproxecto da lei de convivencia e participación da comunidade educativa.
 
Aproveitaremos a citada reunión para presentar ante CONFAPA-GALICIA a nova Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA, que colleu o relevo o 23 de outubro do pasado ano.