Reunión comarcal das ANPA de Caldas no Concello e Valga

O pasado sábado, 12 de abril de 2014, a Xunta Directiva da FANPA reuniuse coas ANPA da comarca de Caldas no Auditorio Municipal de Valga. 

Esta é a primeira das reunións comarcais que se realiza das que a Federación pretende levar a cabo por toda a provincia. Os obxectivos principais destas xuntanzas son a presentación da nova Xunta Directiva, manter un maior acercamento coas ANPA das distintas comarcas para coñecer mellor a súa realidade, dar a coñecer a FANPA e transmitir a súa utilidade.

A FANPA como unha entidade de referencia para negociar coas diferentes administracións foi uns dos puntos fortes que se quixo facer chegar as ANPA, salientando a importancia da unión das asociacións de nais e pais na Federación provincial e esta, á súa vez, na confederación autonómica (CONFAPA). O maior exemplo da forza desta unión é a consecusión do mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso.

A importancia de que as ANPA, sobre todo as do rural, trasladen as súas inquedanzas á Federación provincial foi outro dos puntos tratados na orde do día; para que dende a FANPA se poida apoiar aquelas reinvindicacións lóxicas e viables das asociacións, coma as do transporte escolar. Para facilitar este contacto necesario entre as ANPA e a Federación vénse de crear a Comisión Comarcal e Rural, que será a encargada de manter aberta a comunicación coas distintas asociacións de nais e pais da provincia: (comisionrural@nontedurmas.org) 

Por último, salientouse a importancia do asesoramento e da formación para as ANPA, moita veces en continuo cambio nas súas xuntas directivas. Para traballar e mellorar este ámbito dende a FANPA ponse a disposición dos seus asociados a Comisión de Asesoramento e Formación (asesoramento.formacion@nontedurmas.org ) e informouse dos vindeiros cursos e xornadas formativas organizadas pola FANPA, CONFAPA e CEAPA.