Reunión coas ANPA dos institutos de Secundaria da comarca

A Xunta Directiva da FANPA de Pontevedra convoca unha reunión dirixida
especialmente ás ANPA de centros de Secundaria para deliberar e atopar
estratexias de mellora.

A reunión terá lugar o xoves día 30 de xuño na sede da FANPA, ás 20.00 horas
Temas:

  • Análise de resultados da selectividade
  • Actividades conxuntas
  • Intercambio de iniciativas
  • Estratexias de captación de socios
  • Recollida de documentación actualizada das ANPA (Estatutos se foron
    modificados e datos de directiva e contacto)
  • Suxestións e consultas á FANPA

Para calquera pregunta tedes os nos datos de contacto máis abaixo.

Federación de ANPA de Pontevedra
Rúa Xan Guillerme, n.º 9, 36002 Pontevedra
Teléfono: 986 84 34 12
E-mail: info@nontedurmas.org