Reunión coas ANPA dos IES da provincia de Pontevedra.

 

Estimados/as compañeiros/as:

Queremos convidarvos a unha reunión que imos facer o vindeiro sábado 17 de marzo en Pontevedra coas ANPA dos IES de toda a provincia, xa que consideramos que como ANPA dos IES tedes un papel moi importante e en moitas ocasións non é sinxelo. Pensamos que entre todos podemos conseguir máis e, traballar por unha mellora na educación dos nosos/as fillos e fillas.

Gustaríanos contar coa vosa presenza e coas vosas aportacións, ENTRE TODOS/AS PODEMOS FACER GRANDES LOGROS.

DÍA:17/03/2012

HORA:10:30 hrs.

LUGAR: Seminario nº 3 do Pazo de Cultura de Pontevedra.

Os puntos a tratar serán os seguintes:

  • Presentación

  • Queixa perante a Consellería de Educación pola decisión de non adiantar a data da convocatoria de setembro dos exames de selectivo ao mes de xullo, a pesar da proposta da CIUG.

  • Presentación dunha enquisa sobre a utilización de academias por parte dos/as alumnos (para ter datos de interese cos que se poidan avaliar os resultados dos centros).

  • Recopilación de queixas das ANPA para trasladar aos distintos Consellos Escolares Municipais e a Consellería de Educación.

  • Rolda aberta de intervencións.