RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2014 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2013/14.

Dada conta das solicitudes presentadas ao abeiro do disposto na Orde do 14 de abril de 2014 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2013/14, no marco da aplicación orzamentaria 09.10.423A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 polo importe total de 650.000,00 euros.

DOG Núm 157