Unha nena do colexio Barcelos gaña o concurso de contos de “Serunión” para Galicia

Nuria Villar Muíños, alumna de Terceiro curso do colexio Barcelos resultou gañadora da fase galega do concurso de contos organizado pola empresa concesionaria dos comedores escolares do municipio na categoría de Primeiro a Terceiro de Primaria. O concelleiro de Educación, Agustín Fernández González, achegouse hoxe ao comedor deste centro para facer entrega do premio. O acto foi deseñado como unha sorpresa, porque a rapaza non foi informada ata ese momento. A nena, de 9 anos, recibiu un diploma e material escolar.

Máis información