Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2019-2020

Actualización do 25 de setembro

A FANPA xa comunicou a todas as persoas beneficiarias a quen se lle concedeu a bolsa de comedor; polo tanto, os que non recibiran a chamada non serán beneficiarios.  En cumprimento da LOPD non se publicarán listas.
O luns, ás 16:30 horas estaremos na oficina da FANPA para posibles revisións da puntuación ou disconformidades coas resolucións.

Procedemento para becas de comedor para o curso 2019/2020:

  • Prazo de presentación de solicitudes: dende o 2 de setembro ata o día 18 de setembro.
  • Lugar de presentación: Oficinas de FANPA Pontevedra ( Rúa Xan Guillermo 11), en horario de 9 a 14:00 horas.
  • Resolución de becados o 25 de setembro. Chamarase ás persoas seleccionadas como becadas para informar da adxudicación das prazas e día de comezo da mesma.
  • Poderanse presentar solicitudes fora deste prazo e quedarán en lista de reserva.

Documentación:

  • Folla de solicitude
  • Padrón municipal de habitantes conxunto.
  • Documento que acredite onde está matriculado o neno.
  • Certificado da ANPA do centro de non pertencer á xunta directiva.
  • Derradeira declaración da renda e certificado da seguridade social onde figure a situación actual laboral ou de prestación de pensión ou subsidio.
  • En base ó padrón conxunto, documentación que acredite os ingresos dos membros da unidade familiar para calcular a renta per cápita. (declaración da renda de cada membro).
  • Familia monoparental, certificado monoparentalidade da Xunta de Galicia.
  • Certificado da empresa onde se indique o horario de traballo.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Documento do recoñecemento da discapacidade superior ó 33%.

REQUISITOS DOS SOLICITANTES:

  • Estar empadroado no Concello de Pontevedra, e convivir cos menores para os que se solicita a beca de comedor. Os menores deben estar matriculados nun centro público do concello de Pontevedra que conte co servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ser membro da xunta directiva da ANPA nin tampouco da FANPA (directivo) dun dos centros con servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ter situación de impago coa empresa que presta o servizo de comedor, nin coa FANPA.
  • Non ter sido beneficiario de beca de comedor máis de dous anos consecutivos por parte da FANPA.
  • Non contar cuns ingresos per cápita superiores ó 100% do IPREM.

De non cumplir con algún dos requisitos esixidos a solicitude quedará excluída.

A FANPA resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria que xustifique a situación declarada polos solicitantes.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

  1. SITUACIÓN LABORAL DOS PAIS OU TITORES LEGAIS
Situación Puntuación
FAMILIAS CUN SÓ PROXENITOR OU  UN SÓ TITOR LEGAL
A.1 Familia dun só proxenitor en situación de desemprego 0
A.2 Familia dun só proxenitor en situación activa 10
FAMILIAS CON DOUS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS
A.3 1 só proxenitor ou titor legal con emprego 4
A.4 Dous proxenitores con emprego 10
A.5 Ambos proxenitores en situación de desemprego 0
  1. SITUACIÓN ECONÓMICA DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA

Para o cálculo desta puntuación terase en conta os ingresos brutos anuais de tódolos integrantes da unidade familiar de convivencia. Terase en conta ós cónxuxes ou titores legais ou parellas de feito, fillos maiores ou menores de idade, ascendentes dos cónxuxes que convivan, así coma outras persoas con lazos familiares que convivan cos menores para os que se solicita a beca.

Situación económica da unidade familiar de convivencia. Renta per cápita anual*  

Puntos

B.1 < 50% do IPREM anual  0
B.2  < ou igual ó 50% do IPREM e menor ó 60% 10
B.3 < ou igual ó 60% do IPREM  e menor ó 70% 8
 

B.4

< ou igual ó 70% do IPREM  e menor ó 80%  

6

B.5 < ou igual ó 80% do IPREM  e menor ó 90% 4
B.6 < ou igual ó 90% do IPREM  e menor ó 100% 2

*Renta per cápita: Ingresos brutos anuais da unidade familiar de convivencia, dividido entre o número de membros da unidade familiar.

**IPREM

Tal y como recoge en el Boletín Oficial del Estado, de Presupuestos Generales del Estado para el año 2019 (Disposición adicional octogésima cuarta), los valores del IPREM quedan fijados para 2017 y prorrogado para los años 2018 y 2019 en los siguientes valores.

  • IPREM anual: 6454,03 euros/año

LEY 3/2011, de 30 de junio, de apoyo a la familia y a la convivencia de Galicia.

Artículo 13. Concepto.

A efectos de la presente ley, se entiende por familia monoparental el núcleo familiar compuesto por un único progenitor o progenitora que no conviva con otra persona con la que mantenga una relación análoga a la conyugal y los hijos o hijas menores a su cargo, siempre que el otro progenitor o progenitora no contribuya económicamente a su sustento.

 

  1. SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR DA UNIDADE DE CONVIVENCIA DO MENOR
Situación Puntos
C.1 Incompatibilidade cos horarios de comedor por cuestións laborais. 4
C.2 Familias numerosas 2
C.3 Persoa da unidade familiar que compute para o cálculo do IPREM cun certificado de discapacidade  superior ou igual ó 33% 2
C.4 Menor para o que se solicita a beca cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33% 2
C.5 Ter disfrutado dous anos ou máis de beca de comedor xestionada pola FANPA 0
C.6 Ter disfrutado de beca de comedor xestionada pola FANPA  menos de dous anos 2

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

As becas concederanse ás familias con maior puntuación de cada centro, ata agotar 3 becas por centro. O resto de familias quedarán en lista de espera por centro ordeadas de maior a menor puntuación.

De chegar solicitudes de situación que teñen lugar despois do prazo de presentación , incluiranse na lista de espera de cada centro según a puntuación alcanzada no lugar que lles corresponda.

No caso de empate en puntuación, terase en conta a maior  puntuación obtida no apartado B, en segundo termo a puntuación do apartado A e en derradeiro lugar o apartado C.

DOCUMENTACIÓN:

  • Padrón municipal de habitantes conxunto.
  • Documento que acredite onde está matriculado o neno.
  • Certificado da ANPA do centro de non pertencer á xunta directiva.
  • Derradeira declaración da renda e certificado da seguridade social onde figure a situación actual laboral ou de prestación de pensión ou subsidio.
  • En base ó padrón conxunto, documentación que acredite os ingresos dos membros da unidade familiar para calcular a renta per cápita. (declaración da renda de cada membro).
  • Familia monoparental, documento que acredite a falta de aportación económica por parte do outro proxenitor.
  • Certificado da empresa onde se indique o horario de traballo.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Documento do recoñecemento da discapacidade superior ó 33%.

O cambio nalgunha das situacións acreditadas suporá a reavaliación da beca.

O incumprimento das normas de comedor a sí coma as ausencias inxustificadas reiteradas suporá a perda da beca.

Descargar Ficha

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/09/Ficha-curso-2019-2020-FANPA-editable.pdf” title=”Ficha curso 2019 2020 FANPA editable”]