Inscrición de madrugadores e comedor escolar curso 2014/15

 

Solicitude de praza no Comedor Escolar e Servizo Madruga Curso 2014-2015

No nome de SERUNION é un pracer saudarlles e informarlles de que o próximo curso seremos a empresa responsable do servizo de comedor e de madrugadores no seu centro.

Se desexa efectuar a alta para o curso 2014-15, deberá remitir a ficha cuberta íntegramente a SERUNION por fax ao nº 986 454 013 ou por email a galicia@serunion.es. Pregámoslle que a lea atentamente e que firme para expresa-la súa conformidade co Regulamento do Comedor exposto nos centros e coas normas do servizo.

1. O teléfono que SERUNION ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.30h a 18.30h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ó 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactar por correo electrónico en galicia@serunion.es. Así mesmo está á súa disposición unha dirección de correo electrónico, onde os pais poderán informar da NON Asistencia do seu fillo/a ó servizo (hoynovoyacomer@serunion.es). Esta información é importante para nós: lembre que somos os encargados da custodia do seu/súa fillo/a.

2. A petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días.) deberá comunicárnola entre o 20 e o 29 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Así mesmo, se desexa anotar ao seu fillo/a como esporádico/a deberá efectuar o pagamento en efectivo ao/á monitor/a o día do servizo, tendo avisado o día anterior (salvo en casos de emerxencia para o servizo de madrugadores). Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono, fax ou email antes mencionados.

3. Se falta algún dato, a solicitude non será válida. Unha vez cuberta e entregada implicará, salvo notificación en contra e dentro dos prazos anteriormente indicados, a contratación e pago do servizo solicitado.

4. SERUNION dispón da páxina web www.serunion-educa.com onde os usuarios poderán rexistrarse e acceder sempre que o desexen para consultar os menús, os seus datos no noso sistema (información persoal, días de asistencia previstos, facturación,…) e mesmo solicitar cambios. Rexistrarse é sinxelo seguindo os pasos da “Guía para darse de alta” na páxina web. Se só quere consultar os menús tamén pode. O contrasinal para o seu centro é GAPOPO.

5. Tódalas mensualidades serán do mesmo importe, xa que son calculadas a partir do total de días lectivos e repartidos a partes iguais entre tódolos meses do curso escolar. A utilización deste servizo poderá solicitarse por meses completos ou por días concretos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e o 20 de cada mes e corresponderá ó mes de servizo. Causará baixa no servizo cando se produza o impago do recibo. Non poderán facer uso dos servizos usuarios con recibos pendentes de pago.

6. SERUNION non tén ningunha competencia na asignación e/ou obtención de becas.

Non se farán descontos nos recibos mensuais por días de ausencia, salvo que sexan por enfermidade superior a 4 días consecutivos, teñan avisado das ausencias e se aporte o certificado médico.

7. O prazo máximo de entrega da ficha para comezar nalgún dos servizos en setembro é o 05/09/2014.

Ficha de inscrición