Correo electrónico para que comunicación dos pais/nais de que os seus fillos/as non van asistir ao comedor escolar.

Estimadas familias:
 
Seguimos traballando no mellor funcionamento do comedores escolares do concello de Pontevedra, e para facilitarvos certos procesos queremos comunicarvos que xa está habilitada unha conta de correo electrónico onde podedes comunicar a non asistencia do voso fillo/a ao comedor,  e así facilitar o proceso de recollida dos nenos/as.
 
MOI IMPORTANTE: nesta conta non se admitirán altas, baixas ou modificacións do comedor.
 
Para comunicar a non asistencia deben indicar:
Nome do/a usuario/a e o curso no que está matriculado/a.
Nome do centro.