Concesión das axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2011/2012

Xúntase a resolución das axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2011/2012.

Fonte;Xunta de Galiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2011/12.

Cuarto. Establécese un novo período para presentar a documentación xustificativa da axuda concedida que abranguerá os quince días naturais seguintes ao da publicación no DOG da resolución de concesión das axudas. Publicado no DOG o día 8 de outubro.