Por unha calidade na educación pública
Os pais somos unha parte moi importante da Comunidade Educativa, e debemos participar activamente pola mellora das condicións nas que se imparte o ensino nos nosos colexios.
Por isto, debemos comunicar á Sociedade cal é a nosa postura e para iso o martes día 11 de outubro realizarase unha concentración en cada colexio por parte dos pais/nais, á hora da entrada (xa que hai diferentes horarios de entrada) e durante 30 minutos aproximadamente.
Cada Anpa organizará a concentración do seu centro (a realidade en cada colexio é diferente) e os carteis ou pancartas incluirán a mensaxe que decidades, aínda que nós enviámosvos estas dúas propostas:
QUEREMOS QUE O ENSINO PÚBLICO GARANTA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NA SOCIEDADE PARA AS NOSAS FILLAS E FILLOS.
O MAIOR AFORRO CONSÉGUESE CUNHA MAIOR INVERSIÓN EN EDUCACIÓN.