Parabéns ao CEIP Lourido

Resolución do 15 de abril de 2010 pola que se publica a relación dos premios da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable.

Por Resolución do 22 de febreiro de 2010 (DOG nº 40, do 1 de marzo), convocouse a fase autonómica do concurso de premios sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 5: Ti, de que vas?A min mólame o consumo responsable.


Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto no artigo 8º polo xurado mencionado no artigo 7º da citada resolución, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude:


RESOLVO:

Facer pública a relación dos premios concedidos na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable, que se relacionan no anexo desta resolución, facendo constar que os clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías representarán a comunidade autónoma na fase estatal del concurso.


1º premio:

CEIP Lourido.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Alcume do equipo: Meteoritos.

Título do álbum virtual: Consureflexións.

Coordinador: Manuel Fontán Teso.

Contía do premio: 1.000 euros e diploma.