Parabéns a toda a comunidade educativa do CEP Marcos da Portela de Pontevedra.

PONTEVEDRA. A cousa estivo bastante rifada entre o centro de ensino de Monte Porreiro e o CEIP Campolongo, aínda que a Asociación cultural deportiva de Campañó tampouco quedou atrás nesta nova edición do Concurso dos Maios, que se celebrou onte pola mañá na Praza da Ferraría. O primeiro dos grupos conseguiu catro premios, fronte aos tres cos que se alzaron cada unha das outras dúas formacións.

Fonte; Diario de Pontevedra