Os nenos/as do CEIP A Laxe de Marín celebran o entroido

Queremos felicitar ao CEIP A Laxe de Marín e a súa ANPA Fonte do peso pola iniciativa que estiveron a traballar para este entroido, xa que as rúas de Marín mañá 12 de febreiro estarán cheas de pequenos/as entroideiros/as que van lucir os seus mellores disfraces .Despois deste gran desfile cantarán coplas e degustarán doces típicos, todo un plan para o derradeiro día de colexio antes das vacacións do entroido. NORABOA E QUE PASEDES UN GRAN DÍA.