ORDE do 30 de xullo de 2013 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2013.

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde.

Segundo. Desestimar as solicitudes presentadas por unha federación e as asociacións de pais de alumnos de centros que se relacionan no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2013 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pago. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 9 de abril de 2013 (DOG do 18 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2013.

DOG nº 151