O PRESIDENTE DE CEAPA COMPARECE NO CONGRESO DOS DEPUTADOS SOBRE A LOMCE.

Mércores, as 19:00 horas, Jesús Mª Sánchez Herrero, presidente da Confederación Española de AMPAS de Centros Públicos, (CEAPA), da que formamos parte, xunto a 12.000 ANPAS de todo o Estado, comparecerá diante da Comisión de Educación do Congreos dos Deputados, para explicar a posición do movemento asociativo de nais e pais, sobor do proxecto da LOMCE.
 
Pódese seguir en directo, a través de internen, na web do Congreso, na seguinte ligazón.