O ditame do Consello Consultivo de Galicia coincide coa opinión de Confapa-Galicia

Confapa, 13 de marzo      
 
 

CONFAPA-GALICIA, organización que representa a pais e nais de alumnos de centros públicos desta Comunidade, quere manifestar a súa satisfacción polo ditame emitido polo Consello Consultivo de Galicia en relación co Decreto do Plurilingüismo xa que coincide coa opinión que sobre o mesmo ten esta Confederación.

Estamos en total desacordo coa consulta aos pais para que decidan a lingua na que estudarán os seus fillos nas etapas de infantil, primaria e secundaria así como coa enquisa que Educación quere facer cada catro anos para que elixan o idioma no que recibirán as clases de Matemáticas e Coñecemento do Medio.

O pasado 20 de xaneiro, en entrevista mantida co Sr. Conselleiro démoslle traslado do noso criterio, reiterado en carta do 2 de febreiro e posteriormente presentamos as alegacións, no mesmo sentido, ao Consello Escolar de Galicia, do que somos membros, á vez que instamos á Consellería de Educación a que non faga abandono das súas funcións.

-[->775]

-[->798]