Bases para actividades das ANPA 2016| Concello de Pontevedra

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPA) de centros públicos de Pontevedra que impartan ensinanzas de Educación Infantil, Primaria ou ESO para o curso 2015-16. O Concello adicaralle un total de 24.340 euros.

As axudas concedidas serán dun mínimo de 500 euros e a porcentaxe subvencionábel polo Concello no poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique.

Os criterios para o outorgamento das subvencións e fixación da contía serán os seguintes: número de actividades, alumnado participante nas actividades (no seu conxunto), participación nas actividades ( en cada caso) e repercusión e contidos do proxecto.

Anexo coas Bases-subvencións-ANPA

Orixe: O Concello destina 25.000 euros a subvencións para actividades das ANPA | Concello de Pontevedra

Publicación oficial das bases da orde no BOPPO do 8 de marzo de 2016

 

O prazo para a presentación de solicitudes é ata o 14 de abril , xa que o prazo comeza a contar dende hoxe, que se publican no BOP as bases a través da Base Nacional de Subvencións.

Acceso ao BOP