Noraboa a ANPA VAGALUME da EEI Vagalume de Vilagarcía

Estamos contentísimos de que unha das nosas ANPA resultase con unha mención especial no fallo do xurado no "X concurso de actividades educativas realizadas polas ANPA" organizado por CEAPA.

Este ano é Vagalume, ben o merecen, porque fixeron un programa de educación vial estupendo, pero pensade que para o ano podedes ser vos.

Este concurso convócase todos os anos, e todas as nosas ANPA poden participar , por suposto, felicitar a todas as que participastes, que de seguro tiñades moi bos proxectos, pero como só poden gañar uns poucos, xa tocará para o ano.

Dende a FANPA queremos felicitar a todas as ANPA polo seu traballo ao longo deste curso e desexarvos un bo verán.

Fallo xurado