FANPA COUNTRYSIDE CAMP

O programa educativo Campamentos de Inmersión Lingüística para o alumnado da ESO e de bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra, enmárcase na liña de interese da FANPA de dotar á poboación estudantil galega de competencias plurilingües e pluriculturais, potenciando a aprendizaxe de idiomas.

Ofertamos a posibidade de vivir 24 horas en inglés dentro da nosa fermosa terra, unha oportunidade única e asequible para todas as familias. O concello de Lalín será o elexido para levar a cabo esta actividade, semanas inesquecibles en “Mouriscade”.

 O campamento será coordinado por unha filóloga con nivel nativo e o profesorado será todo nativo.

 Pensamos que  a través dos Campamentos de Inmersión Lingüística, as competencias lingüísticas que o alumnado adquiriu ao longo do curso poden ser postas en práctica mediante a contextualización dos contidos lingüísticos e non lingüísticos, proporcionando ao alumnado participante unha situación de inmersión na lingua inglesa.


Os Campamentos de Inmersión Lingüística teñen como obxectivo:

-Consolidar a aprendizaxe na lingua inglesa, desenvolvendo aspectos prácticos desta lingua.
-Adquirir hábitos e actitudes positivas na aprendizaxe dos idiomas.
-Suscitar no alumnado unha actitude de aprendizaxe permanente, tanto dentro como fóra da aula.
-Desenvolver actitudes positivas de convivencia e cooperación.

Información básica inscrición:

– Data de inscrición:do 16/06 ata o 22/06/2010, en horario de 8:30 a 14:30 hrs nos teléfonos: 986 843 412 e 675 035 693 e no 675 810 604 (de 10:00 a 14:00 hrs), en horario de tarde 16.30 a 20.30h 696 954 210.

-O 23 de xuño informaremos dos admitidos e da documentación precisa para formalizar a matrícula.

 -Tentaremos facer  varias quendas de 48 alumnos/as en cada unha delas.

-A primeira semana será do  luns 12 ao  domingo 18 de xullo.

-A inscrición será por riguroso orde de chegada, cando quede cuberta a primeira semana, os que estean en lista de espera, pasarán automáticamente e tamèn por orde a seguinte semana.

-Cabe destacar que se houbese demanda estamos dispostos á alongar os campamentos durante todo o verán.

-Importante: terán prioridade á hora de inscribirse os nenos/as dos centros públicos federados e asociados a ANPA, despois os alumnos/as de centros federados non asociados/as a súa ANPA,  centros públicos non federados e por último os centros concertados. Tamén haberá unha distinción económica en cada un destes centros.

Sería bo que preguntasen a Xunta Directiva da súa ANPA se están federados, para saber si ten prioridade na inscrición.Se son socios/as da ANPA do seu centro e teñen interese en participar nesta actividade poden pedir un certificado a ANPA ou presentar o recibo de pago da cota referida ao curso 2009/10.

Lembren que de pedir algún certificado deben facelo xa, porque nos vindeiros días as ANPA acabarán as súas actividades deste curso e, teñen gañado un merecido descanso.

-Os pais/nais terán que levar aos mozos/as o primeiro día de campamento, probablemente a presentación sexa ás 11:30 hrs e recollelos o último día, aproximadamente ás 12:00 hrs.

  
Dentro da programación contemplamos :

Cabe destacar que o primeiro día van establecerse grupos por nivel e curso, despois da reunión cos "teachers".

Programación campamento

Obradoiros con diferentes actividades onde os alumnos/as deben utilizar todas as ferramentas lingüísticas ao seu alcance para conseguir os obxectivos finais, divídese en dúas partes ; na primeira o profesor/a investigará cales son as dificultades lingüísticas máis comúns entre o alumnado para corrixir os malos hábitos, reforzar a base gramatical e ampliar vocabulario, a segunda parte, tras o descanso da mañá, participarán nun proxecto que conseguirá que se involucren todos con entusiasmo “ a creación dunha ONG”, que competirá coa proposta dos outros grupos na elección do mellor proxecto.

Cada mozo/a recibirá de agasallo un libro de lectura en inglés.

Teremos como non, un clube do libro, para relaxarnos despois do xantar.

Pola tarde haberá actividades variadas.

-Debates

-Deportes

-Veladas nocturnas

-Cine en inglés

Tamén teremos días especiais:

-Rutas de sendeirismo

-Visitas museo etnográfico

-Aprenderemos a facer a pan

-Equitación no Centro hípico de Mouriscade

-Saída a praia fluvial de Vilatuxe e picnic…

Prezos:

169€ /neno/a  socio/a ANPA federada

180€/neno/a non socio/a da súa ANPA

200€/neno/a ANPA non federadas

250€/neno/a coles concertados

Recomendacións Ficha inscrición word

Ficha inscrición pdf Documentacion inscrición