FANPA convoca unha reunión informativa sobre as reválidas

Actualización:

A reunión terá lugar no Auditorio do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, a partir das 20.00h de mañá, día 5 de maio de 2016

logo_cartas_fanpaA FANPA convoca unha reunión de carácter informativo para tratar de despexar as dúbidas sobre o proceso e as consecuencias das reválidas de Primaria.

A reunión, aberta a todas as ANPA federadas chama tamén a todas as nais e pais que queiran asistir, terá lugar o vindeiro xoves, día 5 de maio, ás 20.00 horas nun lugar que se concretará en función da afluencia prevista.

Pregámosvos que nos fagades chegar a vosa intención de concorrer a esta reunión co fin de prever o aforo necesario.

A FANPA redactará tamén un comunicado de carácter informativo o máis claro posible en vista da confusión xeral reinante en aspectos cruciais destas reválidas.

Podedes enviarnos unha simple nota de intención de asistencia a info@nontedurmas.org ou confirmar asistencia no Facebook