FANPA acorda a apertura condicionada de comedores e madruga

Na asemblea realizada onte entre as ANPA de Pontevedra e Marín e tras unha fonda análise da situación, tomouse a decisión de confiar en que A Xunta de Galicia cumprirá a súa promesa para despexar as dificultades que o impedían.

O acordo acadado con Educación tanto sobre a cuestión económica como, especialmente, sobre a validación da autoridade sanitaria do protocolo de funcionamento dos comedores e madruga que son realizados polas ANPA é totalmente extensible a toda a provincia de Pontevedra e a toda Galicia.

Trátase así dunha solución global lograda grazas á unión das asociacións de nais e pais que levamos meses negociando coa Administración unhas condicións mínimas aceptables á altura do compromiso cívico que as ANPA necesitamos.

Nos vindeiros días, realizarase unha reunión aberta a nais e pais de Pontevedra e Marín para concretar e aclarar todas as dúbidas da realización práctica e diaria que xurdirán.

Esta nota en prensa:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/habra-comedores-madruga-xunta-ratifica-apoyo/202009050014051102635.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2020/09/05/compromiso-educacion-fanpa-despeja-via-comedores/0003_202009P5C1991.htm