FAMILIA / ESCOLA: CONVIVENCIA POSITIVA E PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR.

A: ANPAS DE CONFAPA GALICIA 

ASUNTO: XORNADA DÍA 19 DE OUTUBRO NO HOTEL HESPERIA DA CORUÑA(Rúa Juan Florez,16)

 

Prezadas amigas, prezados amigos:

Todos somos conscientes de que o maltrato entre iguais é un dos fenómenos máis preocupantes e inquedantes para o conxunto da Comunidade Educativa. É importante non minimizar a gravidade que ten a violencia escolar en calquera das súas manifestacións, pero debemos diferenciar a agresión -física ou psicolóxica- que puntualmente un alumno ou alumna poida sofrir ou exercer nun determinado momento, da repetición e agravamento de ditas condutas dentro dun proceso ao que chamamos acoso.

A convivencia implica a delimitación dalgunhas liberdades para asegurar o respecto do dereito á protección de todos os nenos. Somentes así podemos asegurar unha convivencia non só pacífica, senon constructiva, nas nosas escolas. (Adina Dumitru).

Para falar da convivencia positiva e da prevención e intervención da familia e a escola contra a violencia no ámbito escolar, CONFAPA-GALICIA organiza esta Xornada en horario de mañá (10:30 á 14:00 horas) e tarde (16:30 á 18:00 h). Nela intervirán como relatores: Maribel Barreiro Gundín, Asesora de Orientación Educativa da Consellería de Educación e unha das redactoras do Protocolo de Prevención, Detección e Tratamento do Acoso Escolar e do Ciberacoso; Adina Dumitru, Profesora da UDC e psicóloga social; Nelida Zaitegi, vicepresidenta da Asociación Convives e membro do Observatorio Estatal da Convivencia Escolar.

No horario de tarde, Mesa Redonda composta por Manuel Armas Castro, Especialista en Trastornos de Conduta e Coordinador do Equipo de Orientación Específico de A Coruña; Ramón Sánchez, Catedrático da USC e membro do Seminario Galego de Educación para a Paz; Juan José Félez, orientador de CEIP; Helena Gómez, representante de nais e pais e Adina Dumitru, profesora da UDC e psicóloga social.

O xantar corre por conta de CONFAPA-GALICIA.

Podedes facer xa a inscrición (máximo dúas persoas por ANPA) chamando ós teléfonos 981 20 18 77, 981 20 20 02 e no enlace http://goo.gl/IJ5c3Y Esta circular é o adianto do programa que recibiredes en breve.

Prazo de inscrición: ata o martes día 15 de outubro ás 20:00 horas

Díptico