Entroido no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra

Felicitacións ao IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e a súa ANPA Xocas polo festival que celebran mañá no centro, onde haberá concurso de disfraces, profesores/as e alumnos/as competirán polos mellores premios, Quen serán os gañadores/as de fama – a bailar? Pois os que fagan a mellor coreografía, e o de tes talento? Como non, ao mellor grupo. Esperamos que teñades un moi boa xornada festiva e, por suposto que gañen os mellores. Unha boa iniciativa para fomentar a participación de toda a comunidade educativa, VIVA O ESPÍRITO DO ENTROIDO