CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar na Sala de Conferencias da Fundación Caixagalica de Pontevedra, Praza de San Xosé nº 3, o vindeiro 23 de outubro de 2010, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda, coa seguinte:

 ORDE DO DÍA

  1. Entrega de premios do concurso de fotografía.
  2. Aprobación , se procede, da acta da asemblea anterior.
  3. Cambios na Xunta Directiva da FANPA, presentación de novos cargos provisionais no ano que lle queda de mandato a Xunta Directiva actual.
  4. Informe de contas.
  5. Incidencias inicio de curso 2010/11*.
  6. Actividades realizadas da FANPA ao longo deste curso.
  7. Próximos proxectos : curso Consellos Escolares, cursos ofimática, curso redes sociais para pais/nais..
  8. Rolda aberta de intervencións.

Orde do día

Esta información xa vos foi remitida por carta xunto cunha enquisa de incidencias de inicio de curso, pregamos nola fagades chegar o antes posible.

E por suposto, contamos con todos vós o vindeiro día 23 de outubro.

Acreditación word

Acreditación odt