Convocatoria ás ANPA do Concello de Pontevedra

Pola presente convócase ós representantes das ANPA do Concello de Pontevedra integradas na FANPA a unha xuntanza con data, hora e lugar que se detallan a continuación:

Data: 28 de xaneiro de 2019

Hora: 20:00

Lugar: Sede da FANPA (Rúa Xan Guillermo 9, Pontevedra)

coa seguinte orde do día:

  1. Colaboración na recollida de sinaturas para apoiar unha proposición non de lei para implantar a figura da enfermería escolar nos centros de ensino
  2. Finalización este curso do contrato de Comedor con Arume sen posibilidade de prórroga. Opcións para os vindeiros cursos. Decisións a adoptar.
  3. Cambio na facturación dos servizos da FANPA
  4. Situación actual dos convenios co Concello de Pontevedra
  5. Rolda de intervencións

Tendo en conta a importancia dos temas a tratar, rogamos a asistencia dalgún representante da ANPA. (Máximo tres representantes de cada ANPA)

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2019

O secretario

Javier Sánchez Sobral
Secretaría Federación de ANPA de Pontevedra
Rúa Xan Guillermo, n.º 9,36002 Pontevedra
Apartado de correos Nº 511 36080 Pontevedra
Teléfono: 986 84 34 12

E-mail: info@nontedurmas.org
http://www.nontedurmas.org
@FANPApontevedra

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/01/2019-01-28-Convocatoria-xuntanza-ANPAs-Pontevedra.pdf” title=”2019-01-28 Convocatoria xuntanza ANPAs Pontevedra”]