Convocados os cursos de lingua galega para preparar as probas Celga en 2012

  • A secretaría xeral programa unha parte da oferta de formación e ofrece a posibilidade de que colectivos e entidades tamén poidan organizar cursos Celga
  • Para esta adxudicación, daráselles prioridade ás solicitudes das entidades locais que estean adheridas á Rede de Dinamización Lingüística
  • O prazo de solicitude remata o día 30 de xaneiro
  • Esta oferta de formación completarase cunha convocatoria de cursos en liña específica para preparar os exames do Celga 1 que se publicará en marzo
  • Os próximos exames para obter a acreditación de coñecemento de lingua galega realizaranse os días 2, 3, 9 e 10 de xuño

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística