Convivencia ANPA 2012

Estimadas Xuntas Directivas:

Dende FANPA-Pontevedra queremos proporvos unha actividade de “convivencia das ANPA”, unha boa ocasión para coñecernos e compartir experiencias.

A convivencia sería o venres 11 de maio no parque arqueolóxico de Campolameiro, consiste:

  • 20:30 Visita á exposición do centro e interpretación.

  • 21:30 Cea.

  • 23:00 Visita aos petroglifos e o poboado da Idade de Bronce.

Esperamos que esta convivencia sexa do voso interese, podedes participar os que desexedes da vosa xunta directiva, o custo da citada convivencia sería de 30 € por persoa. Dende a FANPA subvencionaremos a cantidade de 15 € por cada ANPA.

O período de inscrición rematará o día 8 de maio, para anotarse deberán envíar os datos dos participantes de cada unha das ANPA, ao correo electrónico actividades@nontedurmas.org ,gachegando o xustificante de pago do importe total, que deberán ingresar no número de conta: 2080 5403 40 3040119244.

Pontevedra, 25 de abril de 2012.

Xunta Directiva FANPA-PONTEVEDRA

Cartel

Carta ANPA

Como chegar?