Contestación vinculante de Facenda sobre a obriga de presentar o modelo 347

Esta é a contestación que o Ministerio de Facenda, a través da Dirección  Xeral de Tributos, ofrece á consulta sobre se as ANPA teñen o deber de presentar o modelo 347 de declaración de actividades con terceiras persoas.

O resumo de conclusións é que existe a obriga de presentar esta declaración  e as ANPA non están entre as entidades con motivos de esención. Aínda que as actividades das ANPA estean en si mesmas exentas de declaración.

Esta resposta chega agora cando xa algunhas ANPA estades a recibir os requirimentos da Axencia Tributaria ao respecto e non puidemos resolver antes xa que a FANPA presentou a solicitude de aclaración a finais de 2014, posteriormente recibimos en marzo un requirimento para acreditar a representación correspondente sobre o colectivo en marzo do 2016, e aínda agora acabamos de recibir a resposta no documento que podedes observar literalmente a seguir:

20160629092138