COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público integrada polas organizacións (CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva) representativas do sector educativo ven de iniciar unha campaña denominada "RESISTENCIA Á LOMCE" que pretende establecer unha serie de medidas que minimicen o impacto da implantación desta lei.

 

Presentamos un conxunto de principios que consideramos esenciais para garantir un sistema educativo solidario que protexa o principio de igualdade de oportunidades e preste a debida atención ao desenvolvemento intelectual, social e persoal de cada alumno/a e que son os seguintes:

 

  • Negociación real da normativa autonómica de desenvolvemento da LOMCE no Consello Escolar de Galicia e na Mesa Sectorial de Educación.

  • Gratuidade dos libros de texto.

  • Creación dunha rede de comedores escolares públicos asequible a todo o alumnado.

  • Dotación dun sistema COMPLEMENTARIO de becas autonómico en función da renda das familias.

  • Non financiación con diñeiro público dos centros educativos que segregan ao alumnado por sexo

  • Fomento da participación democrática da comunidade educativa na xestión dos centros sostidos con fondos públicos.

  • Eliminación das probas de diagnóstico que recolle a LOMCE en 3º e 6º curso de primaria.

  • Reducción das rateos nas aulas co fin de poder prestar unha mellor atención ás capacidades persoais de cada alumno/a.

  • Dotación de efectivos suficientes nos centros para atender axeitadamente o alumnado con necesidades educativas especiais.

  • Dotación aos centros das Tecnoloxías da Información e Comunicación necesarios na aula para o desenvolvemento do proceso de ensinanza aprendizaxe.

  • Realización das probas externas por profesorado da escola pública

Nesta campaña continuaremos coa promoción de resolucións nos Consellos Escolares dos centros, nos Consellos Escolares Municipais e no Consello Escolar de Galicia contra o cambio de libros de texto e a prol da potenciación dos bancos de libros.

Por todo isto convocamos concentracións na primeira semana de xuño nas sete grandes cidades da comunidade.Asi mesmo diante do anuncio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público de mobilizacións nesas datas emprazamos á confluencia nunha mobilización conxunta.

Tamén destacamos que envíaremos unha delegación da Plataforma ao II Congreso da Escola Pública a celebrar os 14 e 15 de maio en Fuenlabrada

Ademáis desde a Plataforma , diante da situación de alarma alimentaria denunciada nos informes emitidos por entidades como Cáritas, Unicef, Save the Children, etc. consideramos imprescindible unha dotación extraordinaria que recupere as becas de comedor e revise os custos de comedor que foron incrementados de xeito inaceptable no decreto de comedores presentado a fíns do pasado verán e que foi rexeitado polo Consello Escolar de Galicia a instancia das organizacións desta Plataforma en Defensa do Ensino Público polo que comezaremos unha campaña de denuncia e de recollida de resolucións nos Consellos Escolares sobre esta cuestión.

Na súa rolda de entrevistas con institucións, desde a Plataforma valoramos positivamente a entrevista mantida co Valedor do pobo a ampla coincidencia nos temas plantexados sobor dos libros de texto e material curricular, comedores escolares, recursos humanos nos centros educativos, inversión pública en educación e recortes no ensino público e desenvolvemento da LOMCE e compartimos que en todo o que fai referencia ao Dereito á Educación, (servicios complementarios como comedores, transporte, así como libros de texto, reforzos, personal, etc), non é negociable e non hai xustificación orzamentaria que xustifique os recortes que provocan, incrementan e profundizan na desigualdade.

A Plataforma iniciou unha rolda de xuntanzas cos grupos parlamentares para transmitir todas as inquedanzas sobre estes aspectos e sobre o desenvolvemento da LOMCE para tentar a adquisición dun compromiso para minimizar os efectos da mesma.