CERTAME DE FOTOGRAFÍA: “RETRATEMOS O NOSO CENTRO”

O obxectivo deste concurso consiste en documentar de modo visual e directo a realidade da vida escolar dos centros públicos da provincia Pontevedra. Preténdese recoller esta realidade, fomentar a participación das ANPA, recoñecer o traballo que realiza a comunidade escolar nos colexios, denunciar as carencias e premiar as iniciativas de mellora da calidade, en definitiva calquera aspecto relevante para unha comunidade escolar viva e responsable.

AMPLÍASE O PRAZO ATA O DÍA 4 DE XUÑO DE 2010.

Recompilación de documentación gráfica representativa de cada centro que podan servir de base para a exaltación do positivo e mellora dos aspectos negativos.

Creación dun arquivo fotográfico, que enriquecido ano tras ano, serva para o estudio da evolución histórica dos centros.

2.TEMA
A temática será libre pero sempre relacionada coa vida escolar e a comunidade educativa (actividades da ANPA, problemas de integración, deficiencias na instalacións, actividades, festivais…)

As fotografías serán validadas pola organización da FANPA, reservándose o dereito de non publicar aquelas que non se consideren adecuadas ao espírito do concurso por diversos motivos, como un contido ofensivo.

Bases do concurso