CEAPA convoca o XI Concurso de Experiencias Educativas e o I Certame de Fotografía

Até o 16 de maio as asociacións de pais e nais do alumnado pertencentes a algunha das 43 federacións territoriais que integran CEAPA, poden presentarse ao XI Concurso de Experiencias Educativas.

O obxectivo deste concurso, convocado anualmente pola Confederación, é dar a coñecer os proxectos educativos que levan a cabo as ANPA nos centros educativos públicos, fomentando así o intercambio de ideas e experiencias entre os pais e nais voluntarios das máis de 12.000 ANPA que integran esta confederación.

CEAPA tamén convocou o I Certame de fotografía sobre actividades realizadas polas ANPA co obxectivo de publicitar o traballo das ANPA mediante as imaxes.

Tríptico