Campaña de recollida de sinaturas contra a reforma da LOE

Prezados compañeiros e compañeiras:

Como integrantes da Confederación Española de APAs de Centros Públicos (CEAPA) e dacordo con ela, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas esixindo a retirada do anteproxecto de reforma da LOE, LOMCE.

Xuntamos plantilla para que fagades copias, rogando a vosa participación e colaboración activa nesta iniciativa para facerlles chegar o documento que adxuntamos a todas as vosas familias.

 

A campaña remata o 15 de decembro e debedes mandar con anterioridade a esa data as follas de recollida á nosa sede de FANPA-PONTEVEDRA,  a data límite será o 13 de decembro, xa que debemos proceder ao envío a CONFAPA-GALICIA.

Tal e como poñemos no escrito debedes facernos chegar a plantilla orixinal, sen tachóns nin raspaduras, o destino final será a sede de CEAPA en Madrid.

Circular e plantilla

Circular e plantilla pdf